Os enclaves de Barbeira, Concheira, Frades, Ribeira e Santa Marta revalidaron o pasado mes de maio estes selos de excelencia pola calidade do litoral e das augas da costas baionesa.
O acto estivo presidido polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; pola
concelleira de Medio Ambiente, Ruth Álvarez González; a Concelleira de Deportes,
Ana María Iglesias Rodríguez; o Concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades
Marítimas, Joaquín López Goce; o Presidente da Asociación de Comerciantes
e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña, por representantes de varias
asociacións da Vila e por unha representación de Protección Civil do Val Miñor..
O Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, comentou que “con este acto, poñemos en valor
o traballo realizado por todos e todas os que fan posible manter a
excelencia do litoral, os servizos e a calidade ambiental, e aos usuarios e
usuarias que manteñen a limpeza do principal reclamo turístico do municipio”.