jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas promociona o deporte coa oferta dunha ducia de escolas deportivas gratuítas

Ponteareas promociona o deporte coa oferta dunha ducia de escolas deportivas gratuítas

- Xa está aberto o prazo de inscricións. As persoas interesadas poderán facelo enviando un correo electrónico a deportes@ponteareas.gal ou no departamento de Deportes do Concello.

O Concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas gratuítas que se desenvolverán durante os meses de verán. Un total de dez modalidades deportivas diferentes que compoñen unha oferta variada e moi completa na que a rapazada poderá coñecer e probar novos deportes. Tenis, wushu e taekwondo, patinaxe, baloncesto, fútbol, natación, ciclismo, petanca ou hóckey son algunhas das modalidades que figuran neste amplo programa deportivo para xullo e agosto.

A alcaldesa, Nava Castro, convida a todos os nenos e nenas a participar nalgunha
destas escolas deportivas, “unha oferta pensada para que infancia e mocidade
desfruten do seu tempo de lecer de xeito saudable e educativo”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS