domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasO XI Festival Groba volverá levar a música clásica a Ponteareas

O XI Festival Groba volverá levar a música clásica a Ponteareas

- Do 12 ao 18 de agosto a vila será escenario dun amplo programa de concertos con intérpretes de primeiro nivel e novas promesas e a estrea dunha obra seleccionada do mestre Groba

O Festival Groba volverá converter este verán a Ponteareas no epicentro galego da música de cámara. A alcaldesa, Nava Castro, presentou este venres a undécima edición dunha cita que cada ano reúne a ducias de intérpretes de prestixio internacional nun acto que contou coa participación do Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; do director artístico do festival, Rogelio Groba e da segunda tenente de alcaldesa e concelleira de Urbanismo e Vivenda, Silvia Fernández Táboas.

Do 12 ao 18 de agosto, “celebramos unha nova edición dun festival consolidado que nos permite ás e aos ponteareáns coñecer e valorar a extensa obra do mestre Groba e explorar novos campos musicais. Porque Ponteareas é a vila do Corpus Christi, pero tamén da música”, salientou Nava Castro. 

O Festival Groba volve de novo cun cartel de gran calado, como a estrea dunha obra seleccionada do mestre Groba, a ‘Suite Laxeiriana’, unha peza inspirada na obra do pintor galego. Do mestre Groba tamén soarán ‘Danza de Alba’, os concertos para violonchelo e cordas ‘Añoranzas’ e ‘Canto de berce’, ‘Catro bagatelas’, ‘Carpe Diem’, unha selección dos ‘Microconcertos’ e do ballet ‘Danzas meigas’ e a suite ‘Grovias’. 

Ademais da Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do Festival Groba, esta nova edición contará coa presenza da internacionalmente prestrixiosa frautista coreana JasmineChoi, os violinistas Benjamin Morrison de Nova Zelandia, Petteri Iivonen de Finlandia, o violista chino Wen Xiao Zheng, o violonchelista bielorruso Georgi Anichenko e o flamante solista da Orquesta Nacional de España, o estremeñoJoaquín Fernández. Tamén actuará a fantástica pianista italiana Elisa D’Auria e, un dos referentes pianísticos habituais no prestixioso Festival de Verbier, Julien Quentin.

Pola súa banda, o director artístico do Festival Groba, Rogelio Groba Otero, salientou que se tratará dunha edición moi especial ao ser a primeira sen a presenza do mestre Groba“nesta marabillosa aventura, na que seleccionabamos obras e autores a interpretar e preparabamos as estreas de obras compostas por el”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS