jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA exalcaldesa de Ponteareas Cristina Fernández ocupara un escano no Parlamento autonómico

A exalcaldesa de Ponteareas Cristina Fernández ocupara un escano no Parlamento autonómico

“Asumo a nova responsabilidade con orgullo e coa honra de poder defender ás nosas veciñas no Parlamento Galego”- explicou

A ex alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, incorporarase ao
Parlamento Galego como deputada do BNG.


Fernández Davila, que nas eleccións galegas formou parte da candidatura do BNG
pola provincia de Pontevedra, declarou asumir esta nova responsabilidade “co orgullo
de poder sumarme ao equipo de Ana Pontón no Parlamento Galego, e coa honra que
supón defender nesta institución ás veciñas e veciños de Ponteareas e da nosa
comarca, asi como trasladar as propostas do BNG para mellorar a calidade de vida da
veciñanza. Estarei a disposición de todos os colectivos e serei a voz das súas
demandas ante o goberno da Xunta”, sinalou. Ademais, continuará formando parte da
corporación municipal de Ponteareas como concelleira do BNG.


Cristina Fernández Davila é Técnica Especialista en Informática de Xestión. Dende
1993 é funcionaria do IES Val do Tea. Ten asumido diversas responsabilidades nas
asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da Federación de Anpas do
Condado FANPO. Dende 2012 é concelleira do BNG, asumindo no 2015 a segunda
tenencia de alcaldía e a concellaría de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior.
Dende as eleccións de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a primeira tenencia de
alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo. Entre 2021
e 2023 foi alcaldesa de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS