A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o convite do Círculo de empresarios de Galicia en Vigo para trasladar ante un diverso grupo de representantes dos sectores económicos a importancia que ten para o tecido produtivo galego contar cun grupo galego forte no Congreso da man do BNG.
Pontón aproveitou tamén para explicar ao empresariado as liñas estratéxicas do proxecto de País que ten a formación que lidera.