O centro foi distinguido co galardón que premia ás ecoescuelas polo seu compromiso co medio ambiente e a posta en práctica dunha educación para o desenvolvemento sostible
Colegio Lar continúa a ser un exemplo a nivel internacional de boas prácticas ecolóxicas. A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor vén de outorgarlle a segunda Bandeira Verde polo seu labor como ecoescuela nos últimos tres anos. Foi en 2020 cando conseguira a primeira, sendo entón o único centro en Galicia en ostentar esta distinción. Agora foron catro os colexios da Comunidade que lograron a Bandeira Verde, dous da provincia de Coruña e dous da de Pontevedra, un deles o Lar, que se converte no primeiro en revalidala.
Trátase dunha distinción mundial que premia aos centros polo seu compromiso co medio ambiente e a posta en práctica dunha educación para o desenvolvemento sostible. Para a súa concesión avalíase aos colexios durante tres cursos, valorando os avances en aspectos como a reciclaxe, a diminución de residuos, a denuncia de problemas ambientais ou a concienciación á sociedade en xeral de todos estes aspectos. O Colegio Lar superou con nota todas estas prácticas e por elo recibiu a Bandeira Verde que xa percorreu as instalacións do centro e incluso acompañou ao alumnado de 6º de Educación Primaria a unha excursión realizada ás Illas Cíes.
“Este recoñecemento énchenos de orgullo e motívanos a continuar nesta liña de coidado da nosa contorna máis próxima e do planeta en xeral”, sinala el director Rodrigo Salgado Pombo, quen asegura que “se trata dun premio ao traballo da nosa comunidade educativa no coidado do medio ambiente, separando residuos, fomentando o consumo responsable, informando sobre distintos aspectos da reciclaxe ou da perda de biodiversidade en ecosistemas próximo”. Este novo galardón conseguido foi “grazas á responsabilidade do noso alumnado, a súa participación e a súa implicación á hora de levar a cabo todas estas accións como a limpeza do patio, a substitución de bolsas plásticas por fiambreira para as merendas, a recollida de tapóns, de pilas e a reutilización de papel”, puntualiza. Precisamente, o programa Eco Lar recolle todas estas premisas e “este premio supón un impulso para continuar traballando por un planeta máis sostible e con mellores cidadáns”, conclúe el director.
ADEAC e Ecoescolas
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor é unha das cinco asociacións europeas sen ánimo de lucro cofundadoras, no ano 1982, da FEE (Foundation for Environmental Education).
ADEAC constitúe, por tanto, a rama española da FEE, e é a organización responsable do desenvolvemento en España dos programas internacionais Bandera Azul, Ecoescuelas, Jóvenes Reporteros para el Medio Ambiente e Llave Verde. Ecoescuelas é o programa de sostibilidade no ámbito escolar con maior alcance a nivel global. Nace na aula e esténdese á comunidade a través da implicación das próximas xeracións na aprendizaxe baseada na acción. Actualmente forman parte del 59.000 centros de 90 países de todo o mundo. En España, son 579 ecoescuelas repartidas en 15 comunidades autónomas