sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasAs axudas ás caldeiras de biomasa poden solicitarse ata o 29 de...

As axudas ás caldeiras de biomasa poden solicitarse ata o 29 de xuño

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, visitou esta mañá unha vivenda particular en Nigrán que o ano pasado recibiu unha axuda para a instalación dunha caldeira de biomasa.
Fernández Vila incidiu na eficiencia deste tipo de tecnoloxía, xa que o cambio dunha
caldeira de gasóleo á actual de pellets -que neste caso conta cunha potencia de 32MW-
está permitindo un aforro enerxético de 20.000 kWh ao ano, así como reducir as emisións
en 6.600 kg anuais.


O director xeral lembrou que o prazo para solicitar as axudas deste ano por parte de
particulares, ás que se destinan 1,5 millóns de euros, está a punto de rematar. De feito, o
último día será o 29 de xuño. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de
enerxía térmica mediante caldeiras que utilicen biomasa como combustible. A contía será
dun 50% cun máximo de 8000 euros por proxecto.


Dado que as axudas se outorgan por orde de solicitude ata o esgotamento do crédito,
nestes momentos xa se concederon un total de 237 axudas que recibirán 960.000 euros
en apoios. Ademais, hai 378 entidades adheridas.


Con esta liña de axudas, o Goberno galego segue avanzando no seu obxectivo de
fomentar o uso de enerxías renovables, neste caso nos fogares, coa importante redución
de custos enerxéticos que supón fronte a outro tipo de enerxías.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS