viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeCulturaO Son do Camiño arranca con 120.000 espectadores

O Son do Camiño arranca con 120.000 espectadores

O festival do Monte do Gozo, en Santiago, conseguiu roldar o cheo nos hoteis de Compostela. Os concertos arrancan este xoves e van durar ata o sábado, 17 de xuño. Soarán 40 artistas nacionais e internacionais de diversidade de xéneros.

Son un total de 120.000 espectadores procedentes de 35 países que mercaron entrada para ver a artistas como Bizarrap, Maluma ou Aitana, entre outros.

Pratos fortes tamén será Leiva ou Duki, que xa estivo o ano pasado, Eladio Carrión, o artista americano símbolo internacional do reguetón e o trap latino, tamén estará en Santiago, así como Moura.

Sobre o escenario tamén se agarda a Alt-J, banda inglesa de indie-rock, e os tamén ingleses The Kooks. A suma continúa cos australianos Wolfmother e os Royal Blood, que visitarán Galicia por vez primeira en 2023.

Esta edición contará tamén coas actuacións de Vetusta Morla, WOS e Kaiser Chiefs. O produtor sueco Steve Angello, integrante de Swedish House Mafia, un dos maiores referentes mundiais da música electrónica.

Desde Dinamarca chega Morte, quen será outro representante da electrónica escandinava, unha das grandes protagonistas do Son Do Camiño 2023.

Os outros artistas que completan o cartel son: Xoel López, Viva Suecia, Nervo, Marlon, Ginebras, Delaporte, Niña Polaca, Mavica, Dani, Chica Sobresalto, Anaju, Nano, Sila Lua, The Rapants, Babykatze, Flaca, Groove Amigos, Michenlo, Toccororo, Fillas de Cassandra, Alexandre Sam, Galician Army, Chico Blanco, Karras Martínez, Yung Prado, Bárbara Lago, Bastian Bux, Fer BR, Mëstiza e Thom Archi.

A Asociación de Hostalería de Compostela aseguraba que, conforme á enquisa de ocupación realizada entre os hoteis asociados hai uns días, a media de ocupación era dun 96,78 %. Polo cal, agora, «igual sería mesmo máis polas reservas de última hora», matizan.

Aínda que o retorno económico é difícil de calcular de maneira previa, apuntan a que superará os 90 millóns de euros. Na edición pasada, o retorno publicitario foi de máis de 70 millóns de euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS