Movemento Salceda sufriu nesta campaña varias agresións a súa cartelería e valados electorais, a última neste derradeiro de campaña. A Agrupación publicou nas súas redes sociais, que «algúns supostos demócratas parece que están moi nerviosos. Non se poden permitir actos coma este, nos que integrantes de outras
listas electorais se adican a esnaquizar o noso material, como xa o viron varias persoas».«A pesar da nosa campaña en positivo, na que nos centramos no noso programa e non no resto de partidos, continua o xogo sucio», afirman.Ademáis explican que «as nosas compañeiras Sonia e María sufriron ataques dende o cobarde anonimato enredes sociais polo seu compromiso coa democracia».O Partido Popular que lidera Santiago Rodríguez Davila, foi claro nun comunicado denunciando, sen ningún tipo de dubida estes feitos. «Acabo de falar con Loli Castiñeira para trasladarlle a nosa CONDENA e solidaridade en referencia o sucedido a pasada
noite sobre os destrozos da súa cartelería de campaña. Uns actos que sufrimos
no pasado, que sempre lamentamos e repudiamos e que agora, lamentablemente, o sofren
os nosos adversários políticos».«O autor/res, dicirlles que a discrepancia se manifesta nas urnas, que o respeto é fundamental para unha convivencia en concordia e que o desacordo de debate coa palabra, nunca coa rabia nen coa maldade», sinalou Rodríguez Davila.Diferente foi a maneira de tratar o tema o PSdeG-PSOE que aproveitou para decir que tamén
os carteles deles foran arrancados, pero en ningún momento condenou os feitos, a pesar que neste mandato que agora termina foron socios de goberno con MS e repartiron a alcaldía en duas tandas.
«Estamos a piques de chegar ao día grande da democracia, onde todas e cada unha das persoas poderá exercer o dereito a voto. Tristeza inmensa que non se respete democráticamente as accións de todas as opcións políticas. Romper material de campaña ou facelo desaparecer dí moito de como entenden algúns a política. O PSOE leva 8 mítines e en todos eles desaparecn sistemáticamente os carteis que os anuncian, aínda asi estamos agradecidos da gran acollida que estamos recibindo», dixo o PSOE.
E mentras o representante do PP chamou a Loli Castiñeira para falar do asunto, a representante do Partido Socialista nin siquera lle enviou un mensaxe de texto de WhatsApp.