O actual alcalde de Arbo e candidato á reeleción polo Partido Popular, Horacio Gil, explica en Si Radio de Galicia que «sinto unha dor persoal co feito de que Manolo Rivera presente unha candidatura». Sinala de igual xeito que a opción de Manolo Rivera «non representa para nada o progreso para Arbo».
En materia de propostas, Gil explica que o programa do Partido Popular inclúe, entre outras cuestións, a simplificación de trámites administrativos para as empresas que xeren emprego no municipio e, sobre todo, «o noso non á Línea de Alta Tensión».
Podes escoitar a entrevista completa, aquí: