miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsSucesosPíllano in fraganti pinchando rodas de coches en Cangas

Píllano in fraganti pinchando rodas de coches en Cangas

A Garda Civil detén a unha persoa por un presunto delito continuado de danos, consistentes no pinchazo de rodas a vehículos de alta gama na zona do porto deportivo de Cangas.

Trala alarma social que se estaba xerando na zona desde que fai dúas semanas empezaron a aparecer ata unha ducia de turismos cos pneumáticos pinchados con algún obxecto punzante, estableceuse un operativo, que dá resultado positivo cando se localiza a esta persoa in fraganti pinchando cunha navalla a roda dun coche.

Trátase dun veciño da localidade, de 68 anos, con antecedentes penais, que foi detido e posto en liberdade en sede policial.

As dilixencias serán entregadas no Xulgado de Garda de Cangas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS