Un lume forestal arrasou 50 hectáreas en Crecente, na parroquia de Rebordechán.
As lapas comezaron no serán deste xoves, cara as 20.00 horas. A medianoite xa era esa a superficie calcinada.
Este venres pola mañá a Consellería de Medio Rural facía unha valoración de «evolución favorable» sen que o incendio queimase máis extensión. Deuse por estabilizado ás 12.00 horas.
As laspas comezaron preto do leito do río Miño. Os medios aéreos traballaron dúas horas a tardiña, mentres tiveron visibilidade. Os fortes refachos de vento e o escarpado do terreo dificultaron a extinción.
Actuaron tres axentes, 12 brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións.