jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoPorriño e Tui volven estar unidas polo tríatlon

Porriño e Tui volven estar unidas polo tríatlon

Celébrase o vindeiro sábado e as inscricións están abertas ata o martes.

O Concello do Porriño en colaboración co de Tui, pon en marcha a oitava edición do Tríatlon Tui – Porriño que se celebrará o vindeiro sábado, 27 de maio, a partir das 16.30 horas, e contará con padriño de excepción, o cinco veces campión mundial Javier Gómez Noya, campión ademais dúas veces en Ironman, cunha prata olímpica e innumerables medallas en eventos de todos os niveis.

Neste 2023, a proba renderá homenaxe á loita contra o cancro e contempla novidades destacables, como a dotación de premios económicos para os gañadores. E é que ademais dos tradicionais trofeos para os vencedores de cada categoría e locais, os primeiro e primeira deportista masculino e feminino recibirán un premio de 500 euros, os segundos 200, os terceiros 150, os cuartos 100 e os quintos 50 euros.

Como cada edición, o tramo de natación sprint é de 750 metros e desenvolverase no río Miño, fronte á sede da Comandancia Naval de Tui; o percorrido en bicicleta é de 20 quilómetros, entre Tui e Porriño e, finalmente, a carreira pedestre de 5 km dispútase polas rúas do casco urbano do Porriño. 

A inscrición está limitada a 350 participantes e mantense aberta ata o vindeiro martes, 23 de maio, a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon www.fegatri.org.

MIni Tríatlon

Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Mini Tríatlon, dirixido a cativada de entre 4 e 10 anos que terá que completar 25 metros a nado na piscina municipal, 700 metros en bicicleta dende o polideportivo municipal ata a igrexa de Santa María e alí farán a transición para encarar os 300 metros de carreira a pé ata a casa do concello. Será ese mesmo sábado, pola mañá, a partir das 11.00 horas, e tamén é precisa a inscrición previa, neste caso na recepción da piscina municipal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS