viernes, noviembre 22, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaAmplíase o prazo para votar por correo ata o xoves 25

Amplíase o prazo para votar por correo ata o xoves 25

A Xunta Electoral Central vén de acordar que o voto por correo para as eleccións autonómicas e municipais poderase depositar no horario de apertura habitual das oficinas de Correos en toda España ata o vindeiro xoves, 25 de maio.

Este plazo finalizaba inicialmente o mércores, 24 de maio, pero coa decisión de ampliación adoptada as persoas que solicitasen exercer o seu dereito ao voto por correspondencia para os comicios, que se celebrarán o domingo 28 de maio, disporán de máis tempo para depositar o seu voto.

Correos deberá asegurar a entrega de ditos sobres con votos nas respectivas mesas electorais na xornada electoral do domingo, 28 de maio, dentro dos prazos legalmente establecidos

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS