jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasPorriño, Mos e Ponteareas unidas polo ciclismo

Porriño, Mos e Ponteareas unidas polo ciclismo

Preto de 200 participantes compiten esta fin de semana na VII Challenge Rías Baixas

A sétima edición da “Challenge Rías Baixas” reunirá o sábado 6 e domingo 7 de maio a preto de 200 ciclistas. A proba, organizada polo club Master da Louriña, presentouse hoxe no Concello do Porriño, nun acto no que participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo: o concelleiro de deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez. Á presentación acudiron tamén o presidente do club organizador, Juan José Álvarez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o representante da empresa patrocinadora LASAL, Rafael Pérez.

Escoita as declaracións de todos eles durante o acto de presentación da proba:

Juan José Ávarez adiantou algunhas novidades desta edición, entre as que destaca que “a etapa de Mos será proba puntuable para a Copa de Galicia e ademais contemplará un tramo de 1 km de sterrato”. Salientou o alto grado de participación “con 182 inscritos, 30 deles xuvenís que terán a oportunidade de sumar a experiencia dunha proba como esta”. O presidente do Master Louriña quixo agradecer o respaldo das administracións e patrocinadores privados que fai posible que cheguemos á sétima edición dunha proba xa consolidada”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Mos agradeceu a Juan e á súa familia o traballo diario que fan polo deporte. “Os concellos somos afortunados de ter case o 100% da actividade deportiva en mans dos clubs”, destacou Arévalo. “O traballo que fan polo deporte no día a día é de agradecer e chegados momentos como este, no que presentamos probas desta magnitude, ese agradecemento magnifícase”.
No mesmo sentido se manifestou o edil de Ponteareas, que salientou que “Ponteareas tiña que acoller unha das etapas desta proba, xa que é un referente no ámbito ciclista con tres campións da Volta Ciclista a España”.
O disputado provincial de Deportes trasladou o respaldo da Deputación de Pontevedra “a eventos deportivos como a Challenge Rías Baixas, aos que as administracións debemos apoiar” e convidou a todo o mundo a desfrutar da proba.
Rematou o acto o alcalde anfitrión, Alejandro Lorenzo, agradecendo “ao Master da Louriña, “e a Juanillo en concreto, o enorme labor que fan a favor do ciclismo e do deporte porriñés. Xente como eles manteñen viva a tradición ciclista que temos no Porriño e animan moitas nenas e nenos a mergullarse neste deporte. Por iso contarán sempre co respaldo do Concello”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS