Entrevista con Arantxa Treus , cómica do espectáculo Habelas Hainas.
O ciclo de humor Cómicas, habelas hainas, promovido pola Deputación de Pontevedra para visibilizar o talento feminino neste eido e normalizar a presenza de mulleres nos circuítos, chega este venres á Cañiza con Jazmín Abuín, Arantxa Treus e Marta Doviro. Será na Casa da Cultura a partir das 21:00 horas.
Treus explica en Si Radio que «a comedia non é nin masculina nin femenina se non que a comedia é, iso, só comedia».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: