O radar de Conxo, en Santiago, é dos que máis multas por exceso de velocidade pon en Galicia e un condutor rompeuno a martelazos. Aínda así segue funcionando.
Instalado en xullo de 2020 nun tramo limitado a 50 km/h é dos radares que máis multas pon en Compostela. E este venres de madrugada un condutor golpeouno ata romperlle o cristal do caxetín.
O home, un veciño do Milladoiro chegou á zona no seu vehículo ao redor das 2:00 horas, segundo relatou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, tras o que se baixou do mesmo e golpearía repetidamente o radar cun martelo.
A velocidade é en xeral de ata 70 km/h na perifeira de Compostela pero o tramo dese radar en cuestión limita a velocidade a 50km/h.
Nos primeiros tres meses de 2020 foron 17.000 os condutores multados.