jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasLouriñaOs colexios de Mos participan dunha campaña de futgal

Os colexios de Mos participan dunha campaña de futgal

A Federación Galega de Fútbol achegou aos centros educativos a iniciativa “Xogando con Futgal. Sempre hai un motivo. Cal é o teu?”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Educación, Julia Loureiro, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias Figueroa, visitaron ao alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda que participaba na actividade Xogando con Futgal.
Esta iniciativa desenvólvese nos CEIPs de Mos co alumnado de Educación Primaria e ten o obxectivo de promover un estilo de vida saudable, así como a práctica do fútbol sala nos colexios.
O slogan da campaña é “Sempre hai un motivo. Cal é o teu?”.
Durante a actividade habilítanse dúas ou tres zonas adaptadas ao número e idade dos alumnos: unha zona inchable pista (de 18 x 9 metros aproximadamente), unha zona inchable portería (de 6 x 2 metros aproximadamente) e unha zona de actividade de habilidades. Una vez finalizada a actividade fáiselles entrega dunha camiseta aos participantes e ao colexio dun agasallo de 3 balóns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS