jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísBaltar atribúe a un "descoido" ir a 215 km/h e pide desculpas

Baltar atribúe a un «descoido» ir a 215 km/h e pide desculpas

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, pediu desculpas públicas por ir a 215km/h no coche oficial «por descoido»

Despois de ser sancionado tras ser identificado cando conducía a 215 quilómetros por hora nunha autovía en Zamora pagou a multa con importe reducido por pronto pago (300 euros) o que atribuíu a «un descoido acontecido nunha longa recta da A-52, sen referencias de ningún tipo».

Nunha carta remitida aos medios esta quinta feira, o mandatario na Deputación e presidente do PP na circunscrición de Ourense, ao que se investiga por un posíbel delito penal ao superar en 80 km/h o límite de velocidade, trasladou que a sanción administrativa xa foi abonada e está «a disposición para colaborar en calquera dilixencia ulterior».

Baltar manexaba un vehículo do parque oficial da Deputación de Ourense que goberna desde 2012 -cando asumiu o cargo en substitución do seu pai, José Luis Baltar-, sinalou que «desde hai moitos anos» conduce «de maneira habitual» coches oficiais «en desprazamentos institucionais».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS