viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasParadantaO ex alcalde de Arbo, Manuel Rivera, presenta unha candidatura independente

O ex alcalde de Arbo, Manuel Rivera, presenta unha candidatura independente

O que se presentou polo Partido Popular e cedeu o testigo ao actual rexedor preséntase coas siglas IPPA.

Os rumores que circulaban entre a veciñanza de Arbo confirmáronse este mércores coa publicación do Boletín Oficial da Provincia.E é que o que fora o alcalde deste municipio da Paradanta, Manuel Rivera, aspira a obter de novo o bastón de mando cunha candidatura independente. Rivera preséntase coas siglas de  Independentes para o Progreso de Arbo (IPPA).

Rivera presentouse nas eleccións do 1991 como cabeza de lista tamén por independentes e foi alcalde entón co apoio do Partido Socialista. Nas municipais de 1995, presentouse polo Partido Popular, que agora liderda o actual rexedor Horacio Gil, e foi elexido con maioría absoluta. Rivera tivo o bastón de mando de Arbo ata o 2011.

De feito, o actual alcalde, o popular Horacio Gil, foi tenente de alcalde con Manuel Rivera.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS