viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas amplía as melloras retributivas a todo o seu persoal

O Sergas amplía as melloras retributivas a todo o seu persoal

Non serán unicamente as melloras para os médicos. Na mesa sectorial o Sergas pactou cos sindicatos (CIG, CCOO, CSIF, Satse e UXT) estender as melloras retributivas a todo o  persoal.

Melloras retributivas das gardas, a nocturnidade e os festivos para outros profesionais da sanidade pública ademais dos médicos, sanitarios e non sanitarios.

Este acordo, acadado por unanimidade, chegou un día despois do que a Administración asinara coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) para desconvocar a folga de facultativos que durou nove días, entre o 11 e o 19 de abril.

As melloras tamén afectarán o persoal residente en formación, os mir.

O incremento será do 7,9 % para as gardas médicas en días laborables e o complemento de nocturnidade.

A metade deste aumento aplicarase o 1 de xullo de 2023 e a outra metade será o 1 de xaneiro de 2024.

En canto ás gardas de domingos e festivos, así como o complemento de festividade vinculado á atención continuada, subirá un 15,61 % que se abonará con efectos do 1 de xaneiro de 2024. Aquí tamén se incluirá, como novidade, a noite dos venres, que se considerará como ‘noite prefestiva’.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS