viernes, noviembre 22, 2024

Mos sabe a Mar

Esta fin de semana poderán degustarse na localidade mosense os petiscos chegados na foodtruck da Consellería do Mar da Xunta de Galicia

Os días 22 e 23 de abril, a foodtruck da Consellería do Mar da Xunta de Galicia “Galicia Sabe a Mar” estará en Mos.
Esta iniciativa percorre 260 municipios de toda España vinculados co Camiño de Santiago, e un deles é o de Mos. O percorrido faise con catro foodtrucks que serven petiscos e tapas ás persoas que decidan achegarse ata eles.
Esta acción busca enxalzar e promocionar a excelencia do produto, as materias primas e a gastronomía de Galicia, ao tempo que rende homenaxe ao labor que realizan os profesionais das distintas cadeas de mar-industria.

As persoas interesadas en degustar estes produtos en Mos poden achegarse o sábado en horario de 12.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas ao aparcadoiro municipal das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, onde estará estacionada unha das foodtruck. E o domingo estará no Centro Dotacional de Torroso de 12.00 a 15.00 horas e, pola tarde, no Centro Social e Deportivo de Guizán, de 16.30 a 19.30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS