viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaAlumnado do IES de Mos recibe formación preventiva do acoso escolar

Alumnado do IES de Mos recibe formación preventiva do acoso escolar

O tema abordouse a través do programa KTORCE 18, co cal se ofrece información das responsabilidades penais dos menores

O Concello de Mos, concretamente a Concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro, e a través da Asociación Arela, imparte no IES de Mos unha actividade de prevención do acoso escolar e o bullying. Esta actividade preventiva da violencia e conflitividade nas aulas está incluída na programación municipal nos centros educativos dentro do horario escolar e vai dirixida ao alumnado de 2º da ESO.
A conflitividade nas aulas, e o aumento de condutas conflitivas na adolescencia hoxe en día, é aspecto preocupante sobre o cal é necesario traballar directamente co alumnado.

Por este motivo, dende a concellaría de Educación quíxose traballar este tema a través do programa KTORCE 18, co cal se ofrece información das responsabilidades penais dos menores, a cargo da Asociación Arela.
Moitos dos delitos ou faltas tipificados no Código Penal que se converterían nunha sanción administrativa para un adulto, convérsense nunha intervención educativa de calado para un menor de idade xa que a lei permite que, ademais de ter en conta o tipo de delito cometido, tamén se estuden as circunstancias sociofamiliares do presunto infractor, o que fai que en función das mesmas se poida aplicar unha medida reformadora ou outra, porque o espírito da lei é especialmente educativo.
Esta actividade ten un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar … e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.
Deste xeito promóvese a prevención das condutas infractoras nos menores de idade, facendo especial eco en temas de acoso escolar, maltrato familiar, mal uso das redes sociais … Infórmase á rapazada sobre medidas impostas polos xulgados na comunidade autónoma de Galicia. Promóvese a reflexión e o coñecemento da responsabilidade colectiva en función do tipo de sociedade que se constrúe e o tipo de comportamentos que se desenvolven. E facilítase información sobre as desvantaxes polas que pasa un menor en comparación a un adulto cando comete un delito.
As persoas destinatarias desta formación son o alumnado de 2º ESO do IES de Mos, sendo un total de 124 persoas as beneficiarias desta acción.
Consistiu nunha charla divulgativa de carácter dinámico con medios audiovisuais para potenciar a reflexión sobre os diferentes puntos a tratar.
O persoa encargada da charla expuxo casos reais e falou de actos que os adolescentes pensan que son “normais” pero poden supoñer un delito que conleva privación da liberdade (conducir sendo menor, drogas, alcol, etc.)

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS