viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísAlbo presenta a súa planta conserveira de 30 millóns na Plisan

Albo presenta a súa planta conserveira de 30 millóns na Plisan

Con tecnoloxía 4.0 é unha das plantas conserveiras máis grandes e modernas de Galicia. Esta mañá mostrouse publicamente na Plisan.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda:

Rueda destacou o pulo do sector conserveiro galego que traballa por seguir liderando o mercado da man da innovación e dos estándares de calidade. O titular do Goberno galego salientouno na visita que Conservas Albo organizou hoxe ás súas novas instalacións na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), que coñeceu acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, e pola conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Para o mandatario galego, o esforzo da compañía por investir na Plisan -nunha superficie de case 25.000 m2 na que se construíu unha das plantas máis grandes e modernas do sector conserveiro de Galicia cun investimento de 30 millóns de euros- supón unha aposta por seguir liderando a industria da transformación dos produtos do mar. De feito, as instalacións de Albo incorporan tecnoloxía 4.0 para mellorar a súa competitividade, persegue a eficiencia e a seguridade no procesado do peixe e conta coas tecnoloxías dixitais que moverán a industria conserveira do futuro. “Trátase dunha aposta gañadora dunha empresa que quere ser referente mundial”, indicou.

Alfonso Rueda salientou o afán da empresa conserveira por avanzar no emprego das novas tecnoloxías, o que permitirá -ao seu entender- que Galicia siga a liderar un sector no que tradicionalmente foi pioneira e no que hoxe a Comunidade é líder. No 2022, as exportacións galegas de conservas de peixe ascenderon a 869 millóns, un 8 % máis que no 2021. Galicia, ademais, representa case o 70 % das exportacións españolas de conserva de peixe e, nese mercado, Conservas Albo mantén unha posición relevante, xa que está presente en 25 países.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS