sábado, noviembre 2, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño abre dous novos aparcamentos gratuítos con capacidade para 900 vehículos

Porriño abre dous novos aparcamentos gratuítos con capacidade para 900 vehículos

Quedou operativo o localizado na rúa Progreso, cunha superficie de máis de 14.000 metros cadrados, e dende fai uns días o situado na saída e entrada a A-52, de 6.500 m2

O Porriño conta dende este luns con case un milleiro de novas prazas de estacionamento gratuíto no centro urbano. Este luns ábrese a superficie máis grande acondicionada para aparcamento de vehículos, localizada na rúa Progreso. Trátase de dúas parcelas particulares, que suman 14.327 metros cadrados, alugadas polo Concello con tal fin. Ademais, dada a súa extensión en superficie e situación, nun punto de entrada e saída á vila próxima a autovía A-55 e ao nó coa PO-331, estas poderán ser tamén empregadas para a celebración de eventos e actividades lúdicas e festivas, a modo de gran auditorio ao aire libre.
A parcela calcúlase que ten unha capacidade para albergar uns 600 turismos e dá servizo a todas aquelas persoas que desexan acudir á zona peonil e tamén á praza de abastos, a cal se beneficiará máis aínda cando, en breve, abra outra nova parcela, acondicionada tamén para estacionamento de vehículos, moi preto do paso nivel, a pé da vía do tren, na rúa Avelino Villasuso.
Por outra banda, fai uns días, ao norte da vila, noutro dos seus puntos neurálxicos de entrada e saída ao centro urbano, quedou operativo un segundo aparcadoiro. Trátase dunha parcela de 6.500 metros cadrados, que linda co acceso á Risca e á autovía A-52 e a rúa Antonio Palacios (N-120), xusto enfronte doutra tamén habilitada fai meses para o mesmo fin, de 2.650 metros cadrados. Ámbalas dúas dan servizo a toda esta zona onde se sitúan dous colexios, un instituto e preto tamén do centro de saúde, xulgados e escola infantil. A habilitada a semana pasada ten unha capacidade para preto de 300 vehículos que se suman ao cento que alberga a outra.
A parte sur da vila tamén quedaría cuberta en canto a zona de aparcadoiro gratuíto se refire, ao dispoñer de catro parcelas na rúa Leandro Diz, onde se sumará unha máis proximamente. Con todo, dende o Concello continúan a traballar nesta senda tramitando o acceso a novas zonas para acondicionalas como estacionamento de vehículos e facilitando así á cidadanía o seu desprazamento ao casco urbano, o que á vez beneficia tamén ao comercio, hostalería e todos os negocios da vila.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS