viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMos forma aos seus maiores no uso da tecnoloxía móbil

Mos forma aos seus maiores no uso da tecnoloxía móbil

Impartiranse seis sesións do 20 de abril ao 25 de maio e as persoas interesadas xa poden inscribirse na Axencia de Colocación

Desde a Concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego de Mos infórmase da formación con inicio o vindeiro xoves, 20 de abril: Formación TIC para maiores, dentro do programa TIC para o benestar das persoas maiores.

A iniciativa ten por obxectivo a promoción do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida a través da tecnoloxía (subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude), que desenvolve o Concello de Mos, xunto con Fundación Esplai, á que está adherido desde o ano 2016.

O proxecto TIC para o benestar das persoas maiores, financiado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, busca promover unha vida digna e independente das persoas maiores de 55 anos en Galicia.

Ademais, a través da alfabetización dixital promociónase o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. O acompañamento e a empatía son dúas das ferramentas fundamentais destes talleres para que as persoas maiores consigan unha maior aprendizaxe e unha maior autonomía coas tecnoloxías.

O título do curso é “Alfabetización dixital a través do smartphone (móbil)” e desenvolverase durante 6 sesións:

20 abril.- 1ª Manexo básico do smartphone. (Partes básicas do teléfono, sistema operativo, panel de notificacións, conexión a Internet, organización do menú de inicio, boas prácticas para a recuperación de espazo, etc.)
27 abril.- 2ª Aplicacións para a vida diaria. (App Play Store, Google Lens, Sergas Móbil, Google Maps, Moovit, etc.)
4 maio.- 3ª Navegación por Internet. (Conceptos básicos, barra de ferramentas, identidade dixital, etc.)
11 maio.- 4ª Comunicación por Internet. (Conceptos básicos, cartafoles do correo e operacións: ler, responder, reenviar, borrar, etc.)
18 maio.- 5ª Ciberseguridade. (Marco conceptual e contextual en España sobre ciberdelitos, liña de axuda 017, boas prácticas aplicadas por nós/as e por terceiros.
25 maio .- 6º Aplicacións e webs para o lecer e estimulación cognitiva. (Aplicacións, webs, outros dispositivos tecnolóxicos e entrega de diplomas).

Impartirase na Axencia de Colocación de Mos, Avda. Peinador, 39, Mos en horario de 16.00 a 17.30 e para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 986487786 ou escribir un correo electrónico ao enderezo info@axenciadecolocacionmos.es

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS