sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísCinco detidos en Ourense pola explotación sexual de mulleres

Cinco detidos en Ourense pola explotación sexual de mulleres

Un piso en Ourense agochaba unha rede criminal de trata de mulleres que a Policía Nacional desartellou con 5 detidos en Ourense e dous en Madrid.

As mulleres eran captadas en Colombia e Venezuela a través de redes sociais, aproveitándose da súa situación de vulnerabilidade e necesidade económica.

Facilitábanlles a documentación necesaria, así como o xeito de proceder no aeroporto para non ser detectadas, e unha vez en España trasladarse a Ourense, onde as recibía o líder da organización.

Á chegada eran informadas de que tiñan unha débeda duns 3.000 euros que debían saldar exercendo a prostitución.

Debían estar dispoñibles 24 horas ao día os sete días da semana, non tiñan liberdade para saír, sempre eran escoltadas por membros da organización e estaban constantemente controladas por cámaras de videovixilancia nun piso de prostitución en Ourense.

Hai sete persoas detidas, cinco en Ourense e dúas en Madrid e realizáronse dous rexistros domiciliarios en Ourense en que se comisaron máis de 18.000 euros en efectivo, substancias estupefacientes, dous teléfonos móbiles e diversa documentación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS