sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísMorre un mariñeiro a bordo do pesqueiro Villa Nores no Canadá

Morre un mariñeiro a bordo do pesqueiro Villa Nores no Canadá

O Grupo Nores volve ser protagonista por unha traxedia. A armadora do Villa de Pitanxo, tamén é a propietaria do Villa Nores, o barco no que faleceu este venres un mariñeiro tras sufrir un golpe na cabeza na cuberta.

O Villa Nores é o buque xemelgo do arrastreiro afundido, do que só sobreviviron 3 dos 21 tripulantes.

De novo traxedia en augas de Terra Nova. A empresa garda silencio sobre o ocorrido, pero trascendeu que un tripulante de orixe indonesia faleceu durante unha manobra na cuberta.

Ao parecer sufriu un forte golpe na cabeza cunha pasteca, unha polea de aceiro que se usa para elevar ou arrastrar a carga.

O accidente obrigou ao buque a poñer rumbo á terra e diríxese cara o porto de St. Johns.

O Villa Nores foi construído en 2004. Ten 66 metros de eslora e 9 de manga tras ser sometido a un proceso de alongamento para incrementar a súa capacidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS