sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaDez obras competirán na sección Furacáns do Festival de Cans

Dez obras competirán na sección Furacáns do Festival de Cans

Seis son estreas e oito están dirixidas por mulleres. Dende hoxe á veda as 150 entradas dispoñibles para asistir ás proxeccións

O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta parroquia do Porriño do 16 ao 20 de maio, elixiu para a súa sección competitiva Furacáns un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito delas (un 80% do total) están dirixidas por mulleres cineastas.

Furacáns, dedicada ás obras de non ficción e a autores que na maioría dos casos asumen riscos narrativos afastándose de fórmulas máis convencionais, é unha sección que experimentou un gran crecemento nos últimos anos e atrae a un tipo de público ávido de ensanchar a súa mirada.

As dez obras son:

  1. MY TRUTH (6 min. 30), de Marta Bouzas / 2022/ Estrea absoluta
  2. NINGÚN DEUS (18 min.) de Miriam Opazo/ 2023/ Estrea en festivais.
  3. A LINGUA RESISTE NO ESTÓMAGO DUN AGRICULTOR MORTO (7 min), de Acacia Ojea /2022/ Estrea en Galicia.
  4. HONDARRAK (15 min) de Paula Iglesias e Marta Gómez / 2022
  5. NOTAS SOBRE A VIOLENCIA (7 min. 30) de Marta Valverde/ 2022/ Estrea absoluta.
  6. O AMOR É ÁGUA QUE CORRE (7 min.) de Claudia Pineda / 2022
  7. TEGOYO (8 min), de Guillermo de Oliveira /2023/ Estrea en Galicia
  8. ENVÉS ( 2 min. 50 seg) de Ángeles Huerta e Rosalía Fdez. Rial/ 2023/ Estrea absoluta
  9. MALGRAT (16 min.) de Santi Teijelo /2023
  10. MARIVÍ, NA PEL DA MEMORIA (14 min.) de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro /2022/.

Venda de entradas de Furacáns e últimos 70 packs de oferta

Desde este venres poden mercarse xa as entradas para a sección Furacáns, que terá lugar o sábado, 20 de maio. Póñense á venda só 150 entradas a un prezo de 6 euros, que se poden adquirir en tenda.festivaldecans.com

Por outra banda, esta fin de semana remata a oferta de lanzamento do pack de entrada máis camisola, catálogo do festival e chapa de edición limitada por 20 euros. Quedan só 70 unidades da cantidade inicial de 300 que se puxeron á venda, e o prezo cambiará a 29 euros unha vez rematado o tempo da oferta

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS