sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaCurso para coidadores familiares de persoas con demencia no Porriño

Curso para coidadores familiares de persoas con demencia no Porriño

A formación, organizada por AFAGA en colaboración co Concello, distribúese en varias xornadas que se desenvolverán nas instalacións do Multiusos de Torneiros en horario de tarde

AFAGA Alzhéimer en colaboración co Concello do Porriño oferta un curso de nivel avanzado para coidadores familiares de persoas con demencia.
A formación distribúese en varias xornadas que se desenvolverán nas instalacións do Multiusos de Torneiros en horario de tarde:
• 21 de abril, de 17.00 a 19.00 horas: Avanzando no noso camiño no noso camiño como coidadores: necesidades e retos actuais. Impartida por Alba López, psicóloga sanitaria.
• 28 de abril, de 16.00 a 19.00 horas: Facilitar e adaptar as actividades diarias: como acompañar os retos das tarefas cotiás. Impartida por Cristina Esmerode, terapeuta ocupacional.
• 12 de maio, de 16.00 a 19.00 horas: Actividade física e estratexias para o día a día. Impartida por Pablo Lourido, fisioterapeuta.
• 26 de maio, de 16.00 a 19.00 horas: Coidados para o benestar do noso familiar. Impartida por Ariana Puga, enfermeira.
As prezo da formación é de 20 euros para socios e 30 euros para non socios. As prazas son limitadas polo que se require inscrición. As persoas que estean interesadas poden anotarse na Unidade de Atención Diúrna de AFAGA no Porriño (C/Pinar, 7) ou chamando aos teléfonos 986330003/986229797.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS