sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Garda Civil investiga as causas do incendio da nave de Vilalba

A Garda Civil investiga as causas do incendio da nave de Vilalba

Os investigadores da brigada xudicial da Garda Civil serán os encargados de investigar as causas do incendio nunha nave de reciclaxe en Vilalba, Lugo.

Aconteceu no polígono industrial das Sete Pontes de Vilalba. Numerosos bombeiros traballaron para dalo por controlado xa entrada a madrugada.

O lume arrasou por completo dúas naves dunha empresa de reciclaxe que almacenaba plásticos e cartón.

Debido ás altas temperaturas acadadas, mesmo rebentaron as paredes.

Nos labores de extinción das lapas participaron os bombeiros de catro parques comarcais, efectivos da AXEGA, dos GES de Friol e de Monterroso, Protección Civil e medios do distrito forestal, ademais de diversas empresas da zona.

A Xunta chegou a activar o Plan territorial de emerxencias para coordinar o dispositivo, que tamén contou con medios aéreos.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, posto que as naves afectadas foron desaloxadas axiña, ao igual cás das empresas lindeiras.

As causas do incendio encargaranse de determinalas os investigadores da brigada xudicial da Garda Civil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS