Antonio Barros protagoniza este proxecto musical incluído no programa MUSIGAL da Deputación de Pontevedra
O vindeiro domingo, 16 de abril, o Pazo de Mos acollerá ás 18.00 horas, o Tributo a Juan Pardo a cargo de Antonio Barros, Lis Pardo, Ialma e Fernando Calderón.
O evento está promovido polo Concello de Mos e incluído no programa MUSIGAL da Deputación de Pontevedra.
Este proxecto musical nace do programa da TVG “O sucesor de Juan Pardo”, no que Lis Pardo foi xurado, entre outros membros, resultando gañador o mosense da parroquia de Tameiga, Antonio Barros.