Entrevista coa candidata á reelección, a nacionalista Ánxela Fernández.
«Despois dunha reflexión meditada e polo apoio da veciñanza así como dos compañeiros do BNG, preséntome de novo como candidata á alcaldía do Rosal». Así o di a que é a actual alcaldesa do municipio do Baixo Miño, a nacionalista Ánxela Fernández, en Si Radio de Galicia onde apunta que «aínda queda moito camiño por andar, como na cuestión de conectar os barrios de xeito seguro».
Podes escoitar a entrevista completa, aquí:
O BNG ten maioría absoluta no pleno do Rosal con 7 concelleiros e concelleiras.