sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaExcursión gratuíta ao Grove e Ría de Arousa para os maiores do...

Excursión gratuíta ao Grove e Ría de Arousa para os maiores do Porriño

Será o sábado 29 de abril e o prazo de inscrición abre o vindeiro luns 10

A Concellería da Terceira Idade do Porriño, que dirixe Rosario Costas, abre o luns o prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez ao Grove e Ría de Arousa con paso en barco pola ría.
Será o vindeiro 29 de abril e os participantes desfrutarán dunha xornada repleta de actividades. Ás 08.45 horas partirán cara Arousa onde visitarán a Illa da Toxa, o Monte Siradella e o Sendeiro de Pedras Negras ademais de visitar a vila do Grove e o paseo en barco pola ría. A hora de regreso está prevista entre as 20:30 e as 21.00 horas.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 e será preciso que estean empadroadas no Porriño.
A inscrición abrirase este luns 10 de abril e ata o 24 de abril. Pode formalizarse no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. É unha actividade con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición. Máis información chamando ao número de teléfono 616 75 55 56.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS