viernes, noviembre 1, 2024
InicioComarcasLouriñaTorroso inaugura o seu Centro de Día dinámico “O Son do Regueiro”

Torroso inaugura o seu Centro de Día dinámico “O Son do Regueiro”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañou á veciñanza da parroquia nun momento histórico para a mesma

O Centro de Día da Comunidade de Montes Torroso “O Son do Regueiro” foi inaugurado nun acto o pasado sábado que contou coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente da Comunidade Montes Torroso, Camilo Grandal, e demais membros da Comunidade de Montes de Torroso; membros do GDR; membros Asodifisi (que xestiona o Centro xunto coa Comunidade de Montes), entre eles a súa última presidenta, Asunción Carrera Monroy; membros da corporación municipal; a deputada autonómica, Feli Rodríguez; Jaime Sío Carrera, maior da parroquia de Torroso que se encargou de descubrir a placa conmemorativa, traballadores/as do centro e veciñanza.

Alfonso Rueda:

Nidia Arévalo:

Asunción Carrera e Camilo Grandal:

 

O novo Centro de Día dinámico de Torroso está habilitado para dar servizo a 40 usuarios. Conta cunha superficie construída de 434 metros cadrados máis 300 metros cadrados de zona axardinada.

As dotacións das que consta a instalación son: comedor, sala polivalente, sala de actividades, sala de rehabilitación, sala de curas e enfermería, despacho de administración, vestiarios, dous baños, cociña, terrazas e zona axardinada.

A inversión total realizada no Centro de Día, xestionado pola Comunidade de Montes de Torroso e Asodifisi (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos) ascende a 1.218.020,32 euros. A subvención aportada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia é de 513.174,05 euros, a Comunidade de Montes de Torroso financiou 504.846,27 euros e a axuda que aporta AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) é de 200.000,00 euros.

O logotipo do Centro de Día dinámico “O Son do Regueiro” foi deseñado polo Obradoiro Municipal de Emprego. En concreto o alumnado traballador da especialidade de Marketing Dixital, que elaborou tres propostas a través dos 112 debuxos dos nenos de 5º e 6º de Primaria dos 5 colexios públicos de Mos. A Comunidade de Montes elixiu a proposta definitiva que é, dende entón, a imaxe do centro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS