Será o 21 de maio ás 19.00 horas no Multiusos con entrada de balde
A Coral Polifónica Ventos do Val organiza o seu tradicional Concerto de Primavera que se celebrará o vindeiro 21 de maio no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas ás 19.00 horas.
Ademais da anfitrioa Coral Polifónica Ventos do Val, actuarán a Coral Polifónica Samoeiro de A Pobra do Brollón (Lugo), e a Banda de Acordeóns Metropolitana da Escola de Música de Mos. O programa de cancións será variado e a entrada gratuíta.
Neste concerto a Coral Ventos do Val interpretará un repertorio variado de cancións populares galegas, habaneras, xotas, boleros e zarzuelas.