jueves, octubre 31, 2024
InicioComarcasLouriñaPedro García Aguado e Gabri Veiga, protagonistas en Mos

Pedro García Aguado e Gabri Veiga, protagonistas en Mos

Celébrase, este xoves 30 e venres 31, a segunda edición da mostra de educación e formación FormaMOS no pavillón Óscar Pereiro, con acceso libre para toda a cidadanía

O director Xeral de Centros da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez Bertolo, inaugurou esta mañá a feira xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, nun acto ao que tamén acudiron Miguel Hernández, Inspector Xefe de Educación; César Pérez Ares, delegado Territorial de Educación; Rodrigo Salgado, director do Colegio Lar; Xurxo Collazo, director do IES de Mos; Julia Loureiro concelleira de Educación; Placi Ucha, presidenta da ANPA Atín; Lourdes Rodríguez, presidenta da ANPA Pena de Francia; José Benito Díaz, presidente da ANPA Petelos; Laura Romero, presidenta da ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo; Sonia Vázquez, presidenta ANPA IES Mos; Mariano Jiménez, brigada 2 Jefe do destacamento de tráfico da Garda Civil O Porriño; Bruno Tato, tenente Xefe do destacamento de tráfico da Garda Civil O Porriño; Juan Antonio López, sarxento do cuartel de Mos; Rafael Antonio Pereira, capitán Xefe da compañía de Vigo; César Barros, capitán de Fragata (CGA) e xestor de área de reclutamento e subdelegado de Defensa de Pontevedra e Rafael Antonio Pereira, capitán Xefe da Compañía de Vigo.

Escoitamos as declaracións realizadas no acto de presentación esta mañá:

Entre os 70 postos cos que conta a mostra destacan algúns como os do Concello de Mos, Xunta de Galicia, RC Celta (no que ao longo desta tarde de xoves estará o xogador Gabri Veiga), IES de Mos, Colegio Lar e outros con vehículo anfibio, drons, robótica… etc.

A novidade deste ano foi a presenza e participación de Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo e que se fixo popular polo seu programa televisivo “Hermano Mayor”.

O Obradoiro Municipal de Emprego foi o encargado do Marketing da mostra e do deseño e elaboración dos stands de madeira da mesma.

Na súa intervención Arévalo dedicou un especial agradecemento á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo gran apoio a esta 2ª Edición.

A Mostra FormaMOS é unha gran oportunidade para coñecer de primeira man as posibilidades educativas máis actuais. Un escaparate formativo con demostracións en vivo e encontros con profesionais especializados en diferentes sectores.

Desenvólvese durante as xornadas de hoxe e mañá de 09.30 a 19.00 horas no pavillón Óscar Pereiro. A páxina web e as redes sociais de FormaMOS son: http://formamos.mos.es/ e Instagram @formamos_ e en Twitter @formamos_

Prevense preto de 2.000 asistentes confirmados e participan máis de 70 expositores de relevancia no sector da educación e formación desde Universidades a Escolas Superiores, escolas de idiomas, centros de FP, academias profesionais de oficios, institucións deportivas, escolas de música e conservatorios, administracións públicas, a Axencia de Colocación de Mos, Emerxencias e Protección Civil de Mos, Policía Local de Mos, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Exército-Forzas Armadas; e entidades de formación e emprego en colectivos con discapacidade (ONCE, Cogami, Aceesca…).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS