sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoUn xulgado de Pontevedra declara a Ganomagoga en concurso de acredores

Un xulgado de Pontevedra declara a Ganomagoga en concurso de acredores

A maxistrada declarou a apertura da fase de liquidación e acordou a disolución das mercantís e o cesamento dos administradores.

 

O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarou conxuntamente en concurso voluntario de acredores ás entidades Talleres Ganomagoga, Aplicacións Metálicas de Galicia, Ganomagoga Logistics e Cedval Marine Solutions. Esta declaración supón, segundo consta no auto, “a tramitación coordinada dos mesmos, sen consolidación de masas, conservando, con todo, numeración independente, a modo de pezas separadas”.

 Por tanto, as facultades de administración e disposición da concursada sobre o seu patrimonio quedan suspendidas, sendo asumidas pola administración concursal, que deberá presentar un informe por cada sociedade, determinando a masa activa e pasiva de cada unha delas. No auto, contra o que cabe presentar recurso, a maxistrada tamén declarou a apertura da fase de liquidación e acordou a disolución das mercantís e o cesamento dos administradores.

No auto, recóllese que Ganomagoga «alega na solicitude e nas Memorias da historia económica e xurídica das mercantis que se atopa en situación de insolvencia actual, polo que se ve imposibilitada para cumprir coas obrigacións de pago, pois non poden afrontar as débedas que van vencendo así como os gastos ordinarios nos que se ve obrigada a incurrir no desenvolvemento da súa actividade».

É a empresa a entidade que solicita a declaración de concurso voluntario de acredores e a apertura da fase de liquidación.

Débedas superiores a 18 millóns de euros

Nese mesmo auto, faise constar que Ganomagoga mantén débedas vencidas por un importe de máis de 18.000.000 millóns de euros e que «para facer fronte a esa débeda, Ganomagoga carece de tesourería e efectivos líquidos suficientes». Apúntase que «se ben Ganomagoga dispón de algúns activos, como nave e maquinaria, os mesmos non son realizables de modo inmediato polo que non evitan a situación de insolvencia».

Causas da insolvencia

Entre as causas do estado de insolvencia que cita a empresa, o auto recolle por unha banda «a crise do sector da construción eólica, que determinou a caída da demanda por parte da principal cliente mercantil de Ganomagoga» e a «insuficiencia da cifra de negocio dos demais sectores e actividades para facer fronte á estrutura de custos», entre outras cuestións.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS