O Supremo non lle rebaixa a condea a Manuel Fernández de Sousa, expresidente de Pescanova, e deberá cumprir 6 anos de cadea.
A Sala Penal do Tribunal Supremo desestima o recurso de aclaración presentado polo expresidente de Pescanova contra a sentenza que ditou o pasado 10 de febreiro e que o condenou a un total de seis anos de prisión.
O Supremo sinala, nunha resolución facilitada este mércores á prensa, que non ha lugar a aclarar nin rectificar o extremo interesado pola representación procesual de Manuel Fernández de Sousa-Faro con relación á sentenza, que pretendía unha rebaixa da pena ata os catro anos e medio.
O expresidente de Pescanova debería cumprir, por tanto, catro anos e seis meses de prisión por delito continuado de falsidade nas contas anuais, en relación de concurso medial cun delito, tamén continuado, de falseamiento de información económico-financeira; e un ano e seis meses por un delito de alzamento de bens.