Un operario que se atopaba traballando sobre unha plataforma elevadora faleceu sobre as dez da mañá, tras caer de varios metros de altura.
Un particular foi o que alertou os servizos de emerxencia, e segundo el, o home caeu dunha altura duns catro metros, mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos na parroquia de Bares, no concello de Mañón.
Á zona desprazáronse de inmediato profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para evitar o seu falecemento.
Ao lugar do suceso tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais da agrupación de voluntarios de Protección Civil.