Logo de 7 anos afastado da primeira liña, Xosé Ramón Gómez Besteiro, exsecretario xeral do PSdeG, é o novo Delegado do Goberno en Galicia.
O Consello de Ministros nomeou este martes ao lucense José Ramón Gómez Besteiro novo delegado do Goberno en Galicia, de modo que o ex presidente da Deputación Provincial de Lugo e ex secretario xeral do PSdeG regresará á primeira liña política despois de sete anos apartado como consecuencia do seu particular calvario xudicial, finalizado hai uns meses co arquivo de todas as causas nas que fora imputado.
Gómez Besteiro ostenta o cargo tras a marcha de José Miñones, para ser ministro de Sanidade.
É o decimosegundo home en acceder ao cargo, que aínda non foi desempeñado, máis que de forma interina, por ningunha muller.
Besteiro terá como subdelegados do Goberno a María Rivas (A Coruña), Isabel Rodríguez (Lugo), Emilio González (Ourense) e Maica Larriba (Pontevedra).
Desde o arquivo xudicial das causas a finais do ano pasado, o seu nome soou para diferentes postos e o actual secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, definiuno en decembro como o «Messi» do partido.
O novo delegado naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo, no barrio de Lamas de Prado, e é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela