Entrevista con Lino costas, traballador da planta de Areas.
«Un peche patronal en toda regra». Así califican os traballadores da planta de Ganomagoga en Areas o que se atoparon este luns: non puideron acceder ás instalacións porque a dirección procedeu a cambiar as pechaduras sen previo aviso durante a fin de semana.
Os traballadores riveron que pasar a xornada á intemperie no exterior da fábrica, presentaron unha denuncia diante da Inspección de Traballo, que enviou un inspector a levantar acta do acontecido.
Entrevista completa con Lino Cosas, traballador de Ganomagoga en Areas: