domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoO PP de Ponteareas aposta por ampliar a actual gardaría e construír...

O PP de Ponteareas aposta por ampliar a actual gardaría e construír unha nova

Entrevista coa candidata á alcaldía da vila do Tea, Nava Castro.

Reformar a actual gardaría de Ponteareas e construír unha nova. É a proposta do Partido Popular na vila do Tea para «avanzar en medidas para á conciliación familiar». Así o di a candidata a obter o bastón de mando Nava Castro en Si Radio onde critica que «non é razoable que existan aulas pechadas cando hai familias necesitando este servizo» polo que urxe a acometer esta reforma.

Neste contexto, Nava Castro indica que a proposta do PP é construiír a través dos fondos da Xunta de Galicia a ampliación da actual escola infantil e unha nova «con capacidade suficiente para rebaixar a demanda que existe no municipio».

Podes escoitar a entrevista completa con Nava Castro aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS