Remataron os traballos de plantación de novos exemplares no centro urbano e polígonos residenciais de Torneiros, que se estenderán nunha segunda fase a espazos de uso público das parroquias
A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Carlos González, vén de culminar os traballos de plantación de novas árbores no centro urbano e nos polígonos de Torneiros.
Atendendo ás características de cada zona prantáronse diferentes especies arbóreas. Foron 48 Magnolia Soulangeana, 15 Ligustrum Vulgare, 3 Ginkgo Biloba, 3 Salix Babylonica, 4 Magnolia Grandiflora, 18 Tilos, 4 Pyrus Calleryana, 4 Camelia Japónica, 2 Photinia e 1 Olivo.
“O Porriño ten que recuperar o verde que precisa”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Nesta primeira actuación centrámonos en repoñer as árbores que faltaban ou foran danadas nestas dúas áreas, pero xa estamos proxectando a plantación de máis exemplares en espazos públicos das parroquias”.