Acabar coas bronquiolite e as neumonías dos máis pequenos pera aliviar a atención primaria e reducir as hospitalizacións son obxectivos da vacina contra o virus sincitial.
A Xunta ampliará a vacinación infantil para incluír a dose contra o virus respiratorio sincitial (VRS), que afecta na súa maioría aos menores de 2 anos, e tamén ampliará a prescrición da vacina contra o rotavirus a toda a poboación e non só aos bebés prematuros.
Segundo explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda, a vacinación contra o virus sincitial empezarase a dispensar no outono deste ano, co obxectivo de reducir nun 80 % as asistencias médicas relacionadas con este virus, que produce bronquiolite e pneumonías nos máis pequenos, e reducir na mesma porcentaxe as hospitalizacións.
Rueda anunciouno despois do Consello da Xunta que se adiantou a este mércores.