Non tiña droga dentro e era máis grande do que parecía unha vez sacado á superficie. Tiña a proa soterrada na lama e non se puidera ver toda a súa dimensión, case 20 metros de lonxitude.
Efectivos de Garda Civil e Vixilancia Aduaneira retomaron á primeira hora deste martes as tarefas para tentar reflotar o narcosubmarino afundido a unha milla do porto de Vilaxoán (Vilagarcía), na ría de Arousa. É o segundo deste tipo que se intercepta en augas de Europa, en ambos os casos en Galicia, aínda que se ten constancia dun tránsito regular deste tipo de embarcacións entre América e a costa galega.
Á unha da tarde conseguiuse reflotar a nave e poñela en horizontal. Tiña unha hélice soterrada.
Ao entrar dentro comprobouse que non tiña droga.
O sumerxible tiña a comporta superior pechada, cando debería estar aberta se a pretensión era afundilo.
Onarcosubmarino agora en investigación estaría vinculado con dúas grandes planadoras que apareceron en Ribeira hai dúas semanas na zona norte da ría.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, sinalou que ao mediodía xa se insuflara aire no interior da embarcación, para tentar reflotala.
Segundo sinalou Larriba nas últimas horas, a nave tería entre 15 e 16 metros de eslora. Con todo ao sacala da auga comprobouse que era máis longa aínda, medindo preto de 20 metros.