domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoNava Castro aposta por recuperar as brigadas municipais de limpeza nas parroquias

Nava Castro aposta por recuperar as brigadas municipais de limpeza nas parroquias

Asevera que o río Tea e a súa contorna son eixos principais do seu programa.

Recuperar as brigadas municipais para manter as parroquias limpas. É o que propón a candidata a obter o bastón de mando de Ponteareas polo Partido Popular, Nava Castro, quen explica en Si Radio que «urxe recuperar ese servizo de maneira municipal para garantir que as parroquias dispoñan dun bo estado de conservación».

Amáis, Nava Castro asevera que as reclamacións de Tea Vivo, a principal asociación de Ponteareas que impulsa a recuperación do río e da súa contorna, «son perfectamente viables». É o caso de recuperar a coñecida como fábrica da lus ou o acondicionamento da Freixa.

Podes escoitar a entrevsita completa aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS