Hoxe presentouse a segunda edición da Mostra de Educación e Formación do Concello de Mos que conta co apoio da Xunta de Galicia e na que participará Pedro García Aguado
A Axencia de Colocación de Mos acolleu a presentación da II Edición da Mostra de Educación e Formación, FormaMOS, que este ano contará coa novidade da presenza e participación de Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo e que se fixo popular polo seu programa televisivo “Hermano Mayor”.
Na presentación estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Julia Loureiro, concelleira de Educación, Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego; Xurxo Collazo Saavedra, director do IES de Mos; Rodrigo Salgado Pombo, director do Colegio Lar de Mos, e representantes do equipo directivo e docente do Obradoiro Municipal de Emprego, encargado do Marketing (Especialidade de Marketing Dixital) da Mostra e do deseño e elaboración dos stands de madeira da mesma (Especialidade de Carpintería). O director do Obradoiro é Víctor Ángel Varela Caride, o docente da Especialidade de Carpintería, é Pablo Maceda González e os docentes da Especialidade de Marketing Dixital son Antonio Riveiro Prego e Saúl Ferreira Rivera. Tamén asistiron os 20 alumnos/as traballadores/as do Obradoiro Municipal de Emprego: 10 da Especialidade de Marketing Dixital e 10 da Especialidade de Carpintería.
Escoita as declaracións dos asistentes:
Na súa intervención Arévalo, dedicou un especial agradecemento á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo gran apoio a esta 2ª Edición.
A Mostra FormaMOS é unha gran oportunidade para coñecer de primeira man as posibilidades educativas máis actuais. Un escaparate formativo con demostracións en vivo e encontros con profesionais especializados en diferentes sectores.
Terá lugar os vindeiros 30 e 31 de marzo (xoves e venres) en horario de 09.30 a 19.00 horas no Pavillón Óscar Pereiro. Irase actualizando información sobre a feira na páxina web e nas redes sociais: http://formamos.mos.es/ e Instagram @formamos_ e en Twitter @formamos_
Xa se conta con máis de 1.700 asistentes confirmados e a participación de máis de 70 expositores de relevancia no sector da educación e formación