domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO pleno de Mos aproba por unanimidade a cesión da parcela en...

O pleno de Mos aproba por unanimidade a cesión da parcela en San Eleuterio na que se construirá vivenda protexida

Tralo período de exposición pública, se non hai alegacións, farase efectiva a cesión definitiva da mesma ao IGVS, que dá luz verde ao proxecto

Este mércores aprobouse inicialmente no pleno ordinario do Concello de Mos, por unanimidade de votos favorables de todos os grupos integrantes da corporación municipal, a cesión da parcela municipal en San Eleuterio ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que permita o inicio da redacción do proxecto de Vivenda Protexida en Réxime de Alugueiro 100% pública na mesma.
Deste xeito comezará agora o período de exposición pública tralo cal, e de non producirse alegacións ao respecto, farase efectiva a cesión definitiva da parcela segregada en San Eleuterio, camiño do Covelo s/n, Pedraucha, parroquia de Tameiga ao IGVS. Parcela na que se construirán as primeiras Vivendas Protexidas en San Eleuterio.
Trátase dunha parcela de 2.000 metros cadrados que forma parte dun terreo de 6.000 metros cadrados, de titularidade e propiedade municipal na súa integridade. É por elo que foi necesario parcelar a parte que se lle cede ao IGVS.

A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida continúa activa

A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida, que se abriu o pasado 1 de xuño para a inscrición dos interesados neste tipo de vivenda en Mos, e que durante a primeira semana recollía 60 solicitudes, constaba a finais do pasado ano 2022 de preto de 400 persoas inscritas.
A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida continúa activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramita as solicitudes no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes, xa que para acceder a unha vivenda protexida é imprescindible estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.
O Plan de Vivenda Protexida en Mos concreta San Eleuterio como a zona na que desenvolver de xeito máis inminente o Parque de Vivenda Protexida no municipio. Para elo prevese actuar de xeito inmediato nun solar de 2.000 metros cadrados de propiedade municipal, que se lle cede á Xunta de Galicia a tal fin, e no que se levará a cabo o remate da Fase 2 de San Eleuterio.
Neste solar construiranse as primeiras vivendas, unha vez sexa efectiva a posta a disposición da parcela á administración autonómica por parte do Concello de Mos. A Xunta, unha vez que dispoña da parcela, encargará a redacción do

Proxecto de construción.Pproxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio
Este Plan de Vivenda Protexida en Mos verase complementado polo proxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, coa que se transformará totalmente esta zona e que será financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia a través dun Plan HURBE.
Polo tanto, o plan de actuación abarca un total de 25.000 metros cadrados, entre as actuacións de Vivenda Protexida en San Eleuterio e o HURBE de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.
Aínda que a zona de actuación máis inminente para establecer o novo Parque de Vivenda Protexida en Mos é San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, Concello e Xunta informan de que seguirán a traballar e explorar outras zonas de cara ao futuro, tendo en conta o crecemento da poboación e a demanda existente na localidade mosense.
Este Plan de Vivenda Protexida en Mos supón unha gran oportunidade residencial no municipio. O desenvolvemento de solo residencial no municipio é una das prioridades e apostas fortes do goberno local e da súa alcaldesa, Nidia Arévalo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS