domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos dá un paso máis para axilizar a instalación de ascensores en...

Mos dá un paso máis para axilizar a instalación de ascensores en San Eleuterio

Trala xuntanza da semana pasada, celebrouse unha nova reunión na que estiveron presentes dous arquitectos e unha traballadora social de Cogami, para encamiñar do mellor xeito posible a axuda orientada a facilitar o acceso da veciñanza con distintas capacidades

Á xuntanza acudiron a alcaldesa, Nidia Arévalo; o concelleiro de Urbanismo, José Areal; técnicos municipais e, nesta ocasión tamén, técnicos de Cogami (dous arquitectos e unha traballadora social) para abordar coas comunidades de veciños as axudas autonómicas existentes para dotar de ascensor aos edificios da urbanización que carecen del.
O encontro comezou no local da Asociación de Veciños e continuou con visita in situ aos bloques que carecen e precisan ascensor para estudar, co asesoramento de Cogami, a mellor localización para instalar o devandito elevador en cada un deles.
Pola súa banda, desde o Concello de Mos, tenderon unha vez máis a man aos veciños de San Eleuterio para colaborar desde a administración local en labores de asesoramento e resolución de dúbidas, e na tramitación da documentación necesaria para a solicitude de axudas de cara á acometida das obras pertinentes para a instalación de servizo de ascensor nos bloques que decidan implantalo.
A idea é que as comunidades de veciños de San Eleuterio que o desexen poidan beneficiarse, cando sala a convocatoria de 2023, das axudas do Programa de Mellora da Accesibilidade en e ás Vivendas do Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025 do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Este programa autonómico de axudas para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas, está orientado, a facilitar non só o seu uso ás persoas con distintas capacidades, senón tamén como vía para facilitar a súa integración social

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS